CONTACONTOS “DÚAS NENAS MOI VALENTES”
Este venres visítanos Trémola Teatro co contacontos “Dúas nenas moi valentes”. Estarán as 18:30 h no edificio multiusos de Ourol. Para inscricións chamar ó teléfono 982 55 90 19
Este venres visítanos Trémola Teatro co contacontos “Dúas nenas moi valentes”. Estarán as 18:30 h no edificio multiusos de Ourol. Para inscricións chamar ó teléfono 982 55 90 19
Espectáculo de Títeres: Cousas de Casa Día: 4 de marzo Horario: 18:30 h Destinatarios: nenos e nenas a partir de 2 anos Lugar: Edificio multiusos de Ourol Prazo de inscrición: ata o 1 de marzo no teléfono 982 55 90 19
Hoxe celébrase o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia. Desde a Biblioteca Municipal de Ourol queremos rendir homenaxe a tres mulleres de Ourol pioneiras en ciencias. Remedios Vázquez García, nada o 12 de maio de 1903 en Vilares (Merille-Ourol). Estudou na Facultade de Farmacia en Santiago de Compostela de 1939 a 1946. […]
A biblioteca de Ourol conmemora o Día Internacional contra a Violencia de Xénero seleccionando as seguintes lecturas coa finalidade de remover conciencias e cambiar conductas que deben iniciarse con pequenos actos cotidianos.
O Museo Provincial de Lugo inaugurou a exposición “Amar a mar. Mariñas, marosas e maruxainas” co obxectivo de facer un recoñecemento público ás mulleres da mariña. A mostra consta de 16 retratos de mulleres e duns textos sobre o papel das mulleres na comunidade. O concello de Ourol está representado por Bárbara Gil que como […]
Desde a Biblioteca de Ourol recomendámosche os seguintes libros.
A Biblioteca de Ourol é unha institución de carácter público e gratuíto que depende do concello de Ourol.
Está situada no primeiro piso da Casa da Cultura (Antigo Cuartel da Garda Civil). Ofrece os seguintes servizos:
– Servizo de préstamo a domicilio: os socios/as poden levar prestados para a súa casa 5 préstamos entre libros e audiovisuais durante 21 días renovables.
– Lectura en sala: a biblioteca conta con 10 postos de lectura en sala onde se poden consultar numerosos documentos. Conta ademáis con sala infantil e xuvenil.
– Wifi gratuíto: acceso a wifi de forma gratuíta onde os usuarios se poden conectar desde o seu portátil, teléfono móbil ou tablet.
– Acceso a GaliciaLe: os socios/as da biblioteca teñen acceso a GaliciaLe, a plataforma do libro electrónico onde poden descargar en préstamo e-books, tanto en galego como es castelán.
– Solicitude de novas adquisicións: os socios/as poden suxerir á biblioteca a compra de documentos que non se atopen no seu catálogo e que consideren oportuno que deben formar parte do fondo documental.
– Consulta da bases de datos da biblioteca no catálogo on- line: na seguinte dirección os usuarios/as poden consultar os fondos da biblioteca e comprobar a súa disponibilidade: https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal
– Hemeroteca: os usuarios teñen a súa disposición a prensa diaria para a súa lectura.
– Actividades culturais: ó longo de todo o ano a biblioteca ofrece numerosas actividades para adultos, público infantil e xuvenil.
PARA FACER USO DA BIBLIOTECA
Os nosos servizos son completamente gratuítos e non necesitas ningún requisito específico para facer uso deles, únicamente para o servizo de préstamo a domicilio necesitas ter o carné da biblioteca. Este carné podes facelo no momento da solicitude nas dependencias da biblioteca sen custe ningún.
HORARIO: de luns a venres de 8:00 h a 14:30 h
HORARIO DE VERÁN: de luns a venres de 8:00 h a 14:00 h
TELÉFONO: 982 55 90 19
CORREO ELECTRÓNICO: biblioteca@concellodeourol.es