OMIX

Omix OurolO Concello de Ourol e a Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado, puxeron en funcionamento a Oficina Municipal de Información Xuvenil para satisfacer as demandas dos mozos do Concello.

A oficina organiza unha serie de actividades ao longo do ano coa finalidade de favorecer a participación da poboación e de ofrecerlles a posibilidade de gozar do seu tempo de lecer dunha maneira produtiva, sa e lúdica.

Información

DIRECCIÓN:
OFICINA MUNICIPAL DE INFORMACIÓN XUVENIL
Centro Social de Ourol
Lg. de Ourol s/n
27867 Ourol
TFNO: 982-559019
FAX: 982-559002
HORARIO: De luns a venres en horario de 08:00 a 15:00 horas.

Os obxectivos principais desta oficina son os seguintes:

Información

Tanto de forma individual como colectiva sobre os temas que máis preocupan aos mozos de hoxe: traballo, saúde, educación e cultura.

Garantir

A difusión da información de forma ampla e actualizada en todo o ámbito municipal.

Asesoramento

Sobre os diferentes temas de interese e recursos cos que poden contar os usuarios.

Actividades

Actividades socio-educativas.

  • Charlas informativas sobre temas que afecten á xuventude.
  • Boletín informativo.

Actividades socio-culturais.

  • Realización de talleres de carácter educativo.

Fomento de Asociacionismo e Voluntariado Xuvenil, tentando colaborar coas distintas asociacións do Concello, ofertando información e axuda en todo o que necesiten e favorecendo a convivencia e o bo entendemento como eixo principal das súas iniciativas e proxectos.

Tramitación do Carné Xove e información sobre outros carnés xuvenís. Todas as túas dúbidas e necesidades terán unha resposta na túa Oficina Municipal de Información.