
A Biblioteca de Ourol é unha institución de carácter público e gratuíto que depende do concello de Ourol.
Está situada no primeiro piso da Casa da Cultura (Antigo Cuartel da Garda Civil). Ofrece os seguintes servizos:
– Servizo de préstamo a domicilio: os socios/as poden levar prestados para a súa casa 5 préstamos entre libros e audiovisuais durante 21 días renovables.
– Lectura en sala: a biblioteca conta con 10 postos de lectura en sala onde se poden consultar numerosos documentos. Conta ademáis con sala infantil e xuvenil.
– Wifi gratuíto: acceso a wifi de forma gratuíta onde os usuarios se poden conectar desde o seu portátil, teléfono móbil ou tablet.
– Acceso a GaliciaLe: os socios/as da biblioteca teñen acceso a GaliciaLe, a plataforma do libro electrónico onde poden descargar en préstamo e-books, tanto en galego como es castelán.
– Solicitude de novas adquisicións: os socios/as poden suxerir á biblioteca a compra de documentos que non se atopen no seu catálogo e que consideren oportuno que deben formar parte do fondo documental.
– Consulta da bases de datos da biblioteca no catálogo on- line: na seguinte dirección os usuarios/as poden consultar os fondos da biblioteca e comprobar a súa disponibilidade: https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal
– Hemeroteca: os usuarios teñen a súa disposición a prensa diaria para a súa lectura.
– Actividades culturais: ó longo de todo o ano a biblioteca ofrece numerosas actividades para adultos, público infantil e xuvenil.