SERVIZOS SOCIAIS

Os Servizos Sociais de Atención Primaria son aqueles que realizan unha acción social globalizadora e polivalente, dirixidos ao conxunto da poboación dun ámbito xeográfico determinado (Concello de Ourol) e que teñen por obxecto promover e posibilitar o desenvolvemento do benestar social de todos os cidadáns.

Configuran o nivel básico de actuación, que actúa de forma directa e integral sobre un espazo poboacional e territorial reducido, constituíndo a “porta de entrada” ao Sistema.

Os Servizos Sociais do Concello de Ourol están formados por unha Unidade de Traballo Social (Ou.T.S.), atendida por unha Traballadora Social.

O Equipo Municipal de Servizos Sociais complétase cunha Educadora Familiar.

AUTOCINE EN OUROL: SICIXIA

Proxección da película Sicixia de Igancio Vilar na explanada do multiusos de Ourol, o sábado día 12 de marzo ás 21:00 h. É necesario reservar entrada en www.autocine.gal ou chamando ó teléfono 982 55 91 09.