EXPOSICIÓN “AMAR A MAR. MARIÑAS, MAROSAS E MARUXAINAS”

O Museo Provincial de Lugo inaugurou a exposición “Amar a mar. Mariñas, marosas e maruxainas” co obxectivo de facer un recoñecemento público ás mulleres da mariña. A mostra consta de 16 retratos de mulleres e duns textos sobre o papel das mulleres na comunidade. O concello de Ourol está representado por Bárbara Gil que como moitas mulleres do noso concello representa á muller traballadora, rural e tamén emigrante.

VISITAS

A exposición permanecerá aberta ata o 8 de marzo. Pode visitarse de forma presencial chamando ó teléfono 982 242 112 e tamén está disponible a visita virtual na plataforma multicanle comunidadermpl.es. O horario de visitas é de luns a venres de 9 a 21 horas; os sábados de 10:30  a 14 horas e os domingos e festivos de 11:00 a 14:00 horas.

Animamos a todos os veciños e veciñas de Ourol a que de forma virtual ou presencial visiten esta exposición tan interesante que pon o foco de atención no  papel da muller na nosa sociedade.

O enlace para acceder de forma virtual é o seguinte: