CONTACONTOS “DÚAS NENAS MOI VALENTES”
Este venres visítanos Trémola Teatro co contacontos “Dúas nenas moi valentes”. Estarán as 18:30 h no edificio multiusos de Ourol.
Para inscricións chamar ó teléfono 982 55 90 19
Este venres visítanos Trémola Teatro co contacontos “Dúas nenas moi valentes”. Estarán as 18:30 h no edificio multiusos de Ourol.
Para inscricións chamar ó teléfono 982 55 90 19
Espectáculo de Títeres: Cousas de Casa
Día: 4 de marzo
Horario: 18:30 h
Destinatarios: nenos e nenas a partir de 2 anos
Lugar: Edificio multiusos de Ourol
Prazo de inscrición: ata o 1 de marzo no teléfono 982 55 90 19
O Museo Provincial de Lugo inaugurou a exposición “Amar a mar. Mariñas, marosas e maruxainas” co obxectivo de facer un recoñecemento público ás mulleres da mariña. A mostra consta de 16 retratos de mulleres e duns textos sobre o papel das mulleres na comunidade. O concello de Ourol está representado por Bárbara Gil que como moitas mulleres do noso concello representa á muller traballadora, rural e tamén emigrante.
VISITAS
A exposición permanecerá aberta ata o 8 de marzo. Pode visitarse de forma presencial chamando ó teléfono 982 242 112 e tamén está disponible a visita virtual na plataforma multicanle comunidadermpl.es. O horario de visitas é de luns a venres de 9 a 21 horas; os sábados de 10:30 a 14 horas e os domingos e festivos de 11:00 a 14:00 horas.
Animamos a todos os veciños e veciñas de Ourol a que de forma virtual ou presencial visiten esta exposición tan interesante que pon o foco de atención no papel da muller na nosa sociedade.
O enlace para acceder de forma virtual é o seguinte:
Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies
ACEPTAR