PROTECCIÓN CIVIL

Protección Civil OurolAgrupación de Voluntarios de Protección Civil de Ourol:
De acordo coa normativa vixente na Comunidade Autónoma de Galicia, trátase dunha agrupación integrada no seo do concello de Ourol e cumpre os seguintes requisitos:

  • O fin principal é a colaboración coas autoridades competentes en tarefas relacionadas coa protección civil.
  • É de carácter aberto para todas as persoas físicas residentes en Ourol.
  • Constitúese sen ánimo de lucro e o seu funcionamento interno é democrático.
  • Figura inscrita no Rexistro de Protección Civil da Comunidade Autónoma de Galicia desde o ano 1996 co nº 118 (folio ou118).

Nº de membros: 33
Requisitos de ingreso:

  • Ter unha idade mínima de 16 anos.
  • Ser veciño de Ourol.
  • Dispoñer de tempo libre para colaborar de forma altruísta e voluntaria.

Que é a Protección Civil?
Segundo establece a Lei 2/85 do 21 de xaneiro, defínese como a protección física das persoas e bens, en situación de grave risco, calamidade pública ou catástrofe.
A protección civil debe actuar a través de procedementos de ordenación, planificación, coordinación e dirección dos distintos servizos públicos relacionados coa emerxencia que se trata de afrontar.

Funcións:

  • Realiza intervencións coordinadas de ordinario e permanente ao cumprimento de fins coincidentes coas necesidades derivadas das situacións de emerxencia nos casos de grave risco, catástrofe ou calamidades públicas.
  • Participa na coordinación e control de eventos públicos.
  • Realiza actividades que permitan evitar emerxencias menores e así reducir os seus efectos, reparar os danos e, no seu caso, contribuír a corrixir as causas produtoras das mesmas.

Accións e servizos:

  • Incendios forestais.
  • Rescate e axuda en certas épocas do ano daquelas persoas que por catástrofes naturais atópanse incomunicadas.
  • Axuda na estrada por derrubes ou accidentes.
  • Intervención con reses ou gando que poida ocasionar algún tipo de risco na vía pública.
  • Coordinación de eventos sociais.
  • Participación e colaboración en plans de protección civil da Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Accións en actividades formativas, coa realización de cursos.
  • Servizo 24 horas.

Dotacións da AVPC de Ourol:

  • Vestimenta completa para todos os voluntarios.
  • Material de prevención e traballo.
  • 3 emisoras.
  • 1 radio Tranking.
  • Portofonos.
  • Lanternas.
  • 1 vehículo todoterreo, equipado con botiquín, extintor, ferramentas e emisora.

Tfnos: 982-559032 / 982-559109
Servizo 24 horas: 639-488376 / 678-882395
Emerxencias Galicia: 112