TÉCNICO LOCAL DE EMPREGO

Emprego OurolO Concello de Ourol conta cun técnico local de emprego desde o ano 1999, froito da colaboración deste Concello e a Consellería de Traballo.

A Rede de Técnicos de Emprego de Galicia é unha infraestrutura de servizos impulsada pola devandita Consellería e dependente da Dirección Xeral de Promoción do Emprego, cuxo fin principal é colaborar na implantación das políticas activas de emprego e analizar a súa evolución e repercusión no ámbito territorial de  Referencia.

A rede conta hoxe en día con case 400 profesionais especializados no asesoramento empresarial, situados na maioría dos Concellos galegos, universidades e outras entidades públicas e privadas sen ánimo de lucro, o que permite ofrecer unha cobertura da práctica totalidade do territorio galego.

Información

TÉCNICO LOCAL DE EMPREGO: Juan José Ramudo Otero
DIRECCIÓN
Concello de Ourol
Estrada Xeral s/n
27865 Ourol
E-MAIL: oficinatecnica@concellodeourol.es
TELÉFONO: 982559109
FAX: 982559002
HORARIO DE ATENCIÓN AO PÚBLICO: De luns a venres de 8:00 a 15:00 h

Áreas de Actuación

Dinamización Socioeconómica


  • Identificación e diagnóstico das potencialidades e recursos da zona, así como das súas necesidades e carencias.
  • Estímulo para a participación e sensibilización dos axentes locais.

Asesoramento e apoio á creación de empresas


  • Información e asesoramento no proceso de procura de emprego.
  • Axuda para a elaboración e dominio das ferramentas para acceder a un posto de traballo: C.V., carta de presentación, entrevista de traballo, etc.
  • Bolsa de Emprego: Base de datos de demandantes en situación de desemprego ou mellora de emprego.

Orientación Laboral


  • Axuda no proceso de posta en marcha de pequenas iniciativas empresariais así como o apoio ás empresas xa existentes.
  • Análise da viabilidade da idea e elaboración do plan de empresa.
  • Orientación sobre a forma de financiamento, así como de todas as axudas ás que o promotor poida acollerse.

Difusión de medidas activas de emprego


  • Difundir e analizar a repercusión no territorio das políticas activas de emprego.

Formación


  • Información sobre cursos de formación dispoñible, tanto para desempregados como para traballadores en activo.
  • Achegar aos posibles emprendedores os conceptos técnicos básicos a través de xornadas e seminarios para a posta en marcha dunha iniciativa empresarial así como as axudas públicas dispoñibles.

Fomento do emprego


  • Colaboración con outras entidades locais, Xunta, Deputación e axentes externos na implantación no municipio de proxectos relacionados coa formación e a inserción laboral.
  • Deseño e xestión de proxectos e programas comunitarios destinados ao desenvolvemento económico-territorial do municipio.

Funcións

Colaborar na implantación das políticas activas de emprego no Concello de Ourol, analizando a súa evolución e repercusión:

    • Prospección de recursos ociosos e infrautilizados no territorio, de proxectos empresariais de promoción económica local e iniciativas innovadoras para xerar emprego no ámbito local, identificando novas actividades económicas e posibles emprendedores.
    • Elaboración e posta en práctica de plans de actuación que contribúan á dinamización socioeconómica no municipio a favor da iniciativa emprendedora e a creación de emprego.
    • Difusión e estímulo de potenciais oportunidades de creación de actividade entre os desempregados, promotores e emprendedores, así como entre as posibles institucións colaboradoras.
    • Acompañamento técnico na iniciación de proxectos empresariais para a súa consolidación en empresas xeradoras de novos empregos, asesorando e informando sobre a viabilidade técnica, económica e financeira, e, en xeral sobre os plans de lanzamento das empresas.
    • Apoio aos promotores das empresas, unha vez constituídas estas, acompañándoos tecnicamente durante as primeiras etapas de funcionamento, mediante a aplicación de técnicas de consultoría en xestión empresarial e asistencia nos procesos formativos adecuados para contribuír á boa marcha das empresas creadas.
    • Asesoramento aos desempregados, en estreita coordinación con outras unidades do Servizo Público de Emprego de Galicia, así como con outros organismos das Administración Autonómica, para propiciar un maior coñecemento dos servizos e instrumentos existentes para facilitar a súa inserción laboral e de desenvolvemento profesional.
  • Calquera outra que axude á implantación das políticas activas de emprego no Concello de Ourol.
  • ACTIVIDADES E TALLERES
    • Taller de Habilidades Socias
    • Taller de Técnicas de Estudo
    • Taller de adestramento da memoria en persoas maiores
    • Taller de educación para a igualdade
    • Taller de adestramento en técnicas de relaxación e autocontrol das emocións