IGREXAS, CAPELAS E ERMIDAS

A principal diferencia entre unha igrexa e unha capela ou unha ermida está baseada no tamaño do edificio e no fervor popular que se manifesta á imaxe que garda dita edificación.. Normalmente, as imaxes das igrexas teñen un “territorio de graza” (territorio protexido por esa imaxe) maior.

Aínda que “capela” e “ermida” adoitan usarse indistintamente, en realidade son diferentes, xa que as capelas son de propiedade privada e constrúense preto das casas dos propietarios, mentres que as ermidas se constrúen en lugares apartados e solitarios.

En Ourol existen numerosas igrexas, capelas e ermidas en todas as súas parroquias, Santa María de Ourol, San Pedro de Miñotos, Santa Eulalia de Merille, Santa María de Xerdíz, Santa María do Sisto, Santa María de Ambosores, Santiago de Bravos e San Pantaleón de Cabanas.