Igrexa de San Pantaleón de Cabanas

Datos


A parroquia de San Pantaleón de Cabanas está inexorablemente  unida á figura de don Fernán Pérez de Andrade, que foi o seu impulsor. Viña ás terras que posuía nesta zona para cazar con certa regularidade.

En 1392 Fernán Pérez de Andrade obtén a licenza do bispo de Mondoñedo para edificar tres igrexas nos Montes do Sor. Unha delas é esta de San Pantaleón que se constrúe entre finais do século XIV e principios do XV. Nela figura o símbolo do xabaril, propio desa familia.

A actual igrexa é o resultado de varias modificacións, que afectaron, principalmente, á súa lonxitude.

Galería


Localización