OBRADOIRO DE EMPREGO “TERRAS DO SOR IV”

Está previsto por en funcionamento próximamente un Obradoiro de Emprego conxunto para os concellos de Ourol, Muras e O Vicedo denominado “Terras do Sor IV”.

Os participantes deste obradoiro recibirán formación que poderán acreditar cun certificado de profesionalidade nas especialidades que se impartan, ao tempo que terán acceso a un contrato de traballo durante a súa participación na actividade.

A duración do obradoiro é de 9 meses e o número de alumnos/as participantes é de 20, correspondendo 6 a este concello distribuídos nas seguintes especialidades:

  • Traballos de carpintería e moble: 3 alumnos
  • Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais: 3 alumnos

Para participar neste obradoiro as persoas interesadas terán que estar inscritas na Oficina de Emprego de Viveiro como desempregados/as e carecer de ocupación nese momento, ademáis doutros requisitos que se establecerán nas bases da convocatoria respectivas.

Para a especialidade de atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais requirirase ter unha titulación mínima: ESO, Competencias Clave ou equivalente.

Está previsto ademáis a contratación de persoal directivo e docente de apoio consistente nun director, tres monitores e un administrativo.

Dadas as restriccións actuáis de movilidade motivadas polo Covid-19 entre os concellos promotores do obradoiro e a Oficina de Emprego de Viveiro os interesados/as en participar no obradoiro podrán inscribirse no Concello de Ourol (Oficina AEDL), cumprimentando o modelo de solicitude que estará a disposición dos interesados e sinalando específicamente a especialidade para a que está interesao en participar.

A data prevista de inicio do obradoiro é o 15 de decembro de 2020