Igrexa de Santiago de Bravos

Datos


A parroquia de Bravos está baixo a protección de Santiago Apóstolo, ao que se lle dedica a festa do 25 de xullo na igrexa parroquial. Este edificio data de finais do século XVI e principios do XVII, aínda que ao longo dos anos sufriu numerosas reformas. No seu interior tamén podemos atopar un altar dedicado á Virxe de Fátima, imaxe de gran devoción na zona e que fai que a nivel diocese sexa considerado un santuario.

A romaría de Fátima data dos anos 50, creada polo párroco Vicente Gradaílle. Durante unha semana de maio centos de peregrinos acoden a venerar a virxe.

Galería


Localización