CONVOCATORIA CURSOS DE LINGUA GALEGA CELGA 1, CELGA 2, CELGA 3 E CELGA 4

DESTINATARIOS

Todas as persoas interesadas, maiores de 16 anos.

MODALIDADE

Cursos presenciais e cursos en liña

REQUISITOS PARA OS CURSOS EN LIÑA

Dispoñer dun equipo informático que cumpra cos seguintes requisitos técnicos:

– Ordenador con conexión a Internet.

– Conta de correo electrónico.

– Micrófono ou calquera medio alternativo que permita gravación de voz.

– Recomendase navegador web última versión de Firefox.

PRAZO DE SOLICITUDE

As persoas que desexen participar nestes cursos deberán acceder ao enderezo electrónico https://formacion-lingua.xunta.gal, seleccionar o curso que desexen e cubrir a solicitude de inscrición. Non serán admisibles outras formas de presentación das solicitudes. Só se pode inscribir nun único curso.

O prazo de presentación remata o día 7 de marzo do 2022.

MAIS INFORMACIÓN

Doga nº 30, do luns 14 de febreiro de 2022.

No teléfono 982 55 90 19 (Casa da Cultura de Ourol)